Do 3 de decembro ao 24 de xaneiro móstrase no Sexto Edificio unha selección dos máis de nove mil nadais que Xosé Filgueira Valverde foi recibindo de distintas personalidades entre 1936 e 1996.
A exposición Machados. Cinco vidas, unha historia, que se pode ver no edificio Sarmiento desde o 26 de novembro ao 2 de febreiro, ofrece unha aproximación á metalurxia e aos depósitos metálicos da Idade do Bronce Final na fachada atlántica europea partindo dun conxunto de artefactos da colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela. Está promovida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).
Do 29 de outubro ao 24 de xaneiro permanecerá aberta no claustro do Edificio Sarmiento a exposición de Mestras e Mestrados realizada polo Museo de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo, con motivo da celebración do 30 aniversario da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Retómase o programa de visitas guiadas con Intérprete de Lingua de Signos Española (ILSE) que realiza o Museo en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia – FAXPG –, reducindo o número de persoas xordas, xordocegas ou con discapacidade auditiva que poden formar cada grupo polas circunstancias sanitarias actuais.
Todos os luns ás nove da mañá mostrarase neste apartado un vídeo da serie A porta pechada no que o persoal do Museo fai unha visita guiada a unha obra ou a unha colección exposta no Sexto Edificio ou no edificio Sarmiento. Esta actividade, que se realiza nunha xornada na que o Museo está pechado ao público, pódese seguir no Facebook ou na páxina Web desta institución.
O Museo conta cunha nova imaxe visual que se presentou o 16 de xullo publicamente na terraza exterior do Sexto Edificio, nun acto no que se descubriu unha peza escultórica que presidirá a praza e que dará a benvida ás persoas visitantes.
@ Copyright 2004-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 - Fax: +34 886 20 13 01 arriba | inicio | contactar | aviso legal