O arquivo gráfico do Museo de Pontevedra nace ó tempo que esta institución e ten a súa orixe no material gráfico que a Sociedad Arqueológica recompilou desde a súa creación en 1894 e depositou no Museo trala súa fundación en 1927. Os seus fondos fóronse multiplicando ata alcanzar na actualidade a cifra de 200.000 mil documentos gráficos de distinta natureza.

05010000.01.jpg
J. CAO DURÁN, Perfecto Feijoo e o coro “Aires da Terra”. Ca. 1901

A partir de 1939 comeza a ordenación do Arquivo, que se complementará coa catalogación sistemática dos fondos a partir de 1945, cando se crea a ficha de Arquivo Gráfico.

O incremento de material gráfico no Museo será continuo e constante, e procederá de doazóns, adquisicións, e fundamentalmente da realización propia do persoal que traballa nos diferentes temas de catalogación artística e arqueolóxica que se van levando a cabo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra