As pezas que podemos adscribir ó que coñecemos de maneira xenérica como artes decorativas forman un importante conxunto dentro do total das coleccións do noso museo, de tal xeito que podemos dicir que cobren todos os seus ámbitos.

Distribuídas polas salas dos edificios Sarmiento, García Flórez e Castro Monteagudo, nuns casos contribúen á recreación de diferentes ambientes, entre os que poderíamos destacar as reproducións dunha cociña tradicional, o salón nobre, o camarote de oficiais da fragata Numancia ou o despacho de don Casto Méndez Núñez, mentres que noutros son presentadas en salas específicas. De todo o conxunto, salientaremos as seguintes coleccións.

03070000.01.jpg
------
03070000.02.jpg
------
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra