A cerámica

De todas as coleccións que incluímos neste apartado de artes decorativas é a máis numerosa e variada.

De ámbito galego, tres son os conxuntos que a integran: a colección de cerámica tradicional, que recolle mostras de todos os centros oleiros do país (Gundivós, Buño, Niñodaguia, Mondoñedo...); a colección de cerámica de Sargadelos, na que están representadas con numerosas pezas todas as etapas desta manufactura, constituíndo a colección pública máis completa do mundo desta fábrica; e, por último, a colección de cerámica de Pontecesures, tanto na súa etapa de Cerámica Artística coma de Cerámica Celta.

03070006.01.jpg 03070006.02.jpg
San Cristobo
Real Fábrica do Buen Retiro, s. XVIII
FRANCISCO ASOREY
O Tesouro, 1925
Cerámica artística de Cesures

Fóra xa do eido galego, encontraremos pezas do resto do Estado (Manises, Paterna, Talavera, Buen Retiro, Alcora, Moncloa…) ou europeas (Meissen, Delf, Berlín, Sèvres, Capodimonte…); e tamén americanas precolombianas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra