Fiel seguidor das ideas fixadas pola Sociedad Arqueológica de Pontevedra, o Museo prestoulle singular atención á antropoloxía cultural de Galicia, incorporando fondos e programando actividades en relación cos máis variados aspectos da nosa cultura popular, tanto material coma folclórica.