Dende a súa fundación, o Museo de Pontevedra ten reunido máis de 16.000 pezas entre as que figuran pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles, xoias, etc. Estes obxectos permiten coñecer, a través do seu estudo, a evolución da sociedade galega desde os seus inicios máis remotos ata a actualidade.

A continuación, facemos unha presentación sucinta dos fondos que compoñen a nosa colección.

03000000.01.jpg
 
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra