A orixe da Colección Numismática remóntase á creación da Sociedad Arqueológica en 1894, na que os fondos iniciais foron produto de achados e de doazóns dos membros da mesma. Ó fundarse o Museo, a Colección increméntase con adquisicións, escavacións e depósitos, e xa posteriormente, en 1938, coa integración do numario da Sociedad Arqueológica. Dende aquela, o monetario foise ampliando a partir da súa formación inicial ata converterse na Colección Numismática de referencia en Galicia.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra