03020001.01.jpg
Tesouro de Bedoya. S. I d.C.

Coleccións

Na actualidade mostra os trazos máis característicos da produción monetaria dende a antigüidade á época contemporánea, coa presenza de moeda grega, romana, árabe, bizantina e moedas españolas dende a Idade Media ata a implantación e circulación da peseta. Estas series corresponden a distintos conxuntos monetarios e a coleccións, como a serie medieval castelá de Fernández López e a Colección Blanco Cicerón. Destes fondos, algúns proceden de tesouros como os de Bedoya e Tremoedo, compostos por denarios e áureos, así coma por pequenos bronces dende Delmacio a Constancio II. De Ribadelouro (Tui) provén unha variada serie monetal medieval castelá-leonesa e francesa. Os tesouros de época moderna e contemporánea localízanse en Soutelo de Montes, Congostra e Pontecesures (Pontevedra), con emisións dende a casa de Austria ata o Goberno Provisional (1868-1871).

03020001.02.gif
Emisións españolas. 1469-1504
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra