Moedas notables

Entre as pezas máis relevantes destacan un tetradracma grego da deusa Atenea e a imaxe da curuxa, unha serie de denarios republicanos romanos correspondentes a distintas familias de maxistrados monetais e dous tremises de Suintila e Sisebuto acuñados en Tude coa representación dos monarcas nas dúas caras. De especial interese é un diñeiro de Afonso VI (1072-1108) acuñado na ceca compostelá pola concesión rexia ao bispo Diego Gelmírez de emitir moeda para sufragar as obras da catedral de Santiago. Entre as emisións concesionarias compostelás reflectimos tamén un exemplar de Fernando II (1157-1188) que amosa por primeira vez a imaxe do apóstolo Santiago. Xunto a estas, sinalamos as distintas acuñacións de cecas galegas. Na Coruña inícianse dende a Idade Media, con Pedro I e ata Carlos III, e en Xubia acúñase moeda de cobre en distintos valores a nome de Fernando VII e Isabel II. Das series españolas modernas destacamos un medio excelente dos Reis Católicos coa efixie destes e mais o escudo cuarteado de Castela-León e o partido de Aragón-Sicilia. Tamén están as acuñacións americanas da Casa de Borbón coa figuración dos dous mundos coroados e co escudo.

03020002.01.gif 03020002.02.gif 03020002.03.gif
Tetradracma de Atenas
S.V a. C.
Sisebuto, Tremis
Tude. 612-621
Fernando II, dinero
Santiago de Compostela
1157-1188
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra