A arte do século XIX está amplamente representada nos fondos do Museo de Pontevedra. É esta unha colección que se foi enriquecendo co paso dos anos a través de compras sucesivas e xenerosas contribucións, depósitos e doazóns de organismos oficiais, especialmente da Deputación Provincial de Pontevedra, así coma de artistas e particulares, destacando o ab intestato das irmás Mendoza Babiano e a colección Fernández López, de onde procede a maior parte da pintura española do período que nos ocupa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra