Pintura

Case una vintena de obras compoñen hoxe a colección de pintura medieval do Museo de Pontevedra, gótica, xa que non hai nada anterior. O número, pouco significativo se cadra noutro lugar, é, pola contra, dunha enorme importancia en Galicia, territorio que non conta cunha tradición asentada ou unha secuencia sostida de obras pictóricas exentas deses tempos; este feito, daquela, reforza a singularidade do museo na súa contorna máis inmediata.

Depósitos privados ou institucionais, doazóns e compras sinalan a orixe das pinturas que posúe o Museo de Pontevedra, todas realizadas sobre táboa (unha, un Santiago sedente, procedente do segoviano mosteiro do Parral, propiedade do Museo do Prado, foi pasada a lenzo a finais do século XIX) e datables as máis en épocas xa avanzadas do século XV. De filiación flamenga unhas, hispanas (Aragón, Castela, León, Valencia) outras, ilustran á perfección, no fundamental, a evolución da pintura na época e eidos sinalados.

03030003.01.jpg 03030003.02.jpg
ANÓNIMO FLAMENCO
Atribuído a Dieric Bouts (1400?-1475)
Dolorosa, s. XV
Óleo/táboa
MESTRE DE VILLARROYA
Fragmento do retablo de San Martiño
Finais do s. XV
Óleo/táboa
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra