Os sábados 23 de febreiro e 16 de marzo terá lugar no Sexto Edificio o obradoiro “Música do pasado”, dirixido ao público infantil de cinco a doce anos. Nel achegarase aos máis pequenos os misterios da música na prehistoria: orixes e evolución, materiais utilizados, tipos de instrumentos e situacións sociais que propiciaban o desenvolvemento de cánticos ou pezas musicais.
O Museo de Pontevedra posúe unha importante colección de ourivería da Casa Christofle que pertenceron ás irmás Concha e María Mendoza Babiano, sobriñas netas do ilustre mariño pontevedrés Casto Méndez Núñez. Neste artigo estúdase esta interesante colección composta por 52 pezas.
Os centros escolares da provincia que o desexen xa se poden acoller á edición de 2019 do programa Coñece o Museo de Pontevedra convocado pola Deputación de Pontevedra.
Ábrese o prazo para incribirse na segunda edición do concurso audiovisual O Museo de Pontevedra en curtametraxes dirixido ao público infantil e xuvenil. Nel pode participar o alumnado dos centros de ensino de Galicia ou os propios menores a nivel individual.
Xa están abertas ao público as salas Castelao do segundo andar do Sexto Edificio logo do peche temporal motivado polos traballos de acondicionamento para a colocación dos 51 debuxos orixinais do Álbum Nós. A remodelación significou tamén un cambio na disposición doutras obras e unha considerable ampliación dos fondos expostos
Desde o pasado día 2 forma parte da colección do Museo o cartel realizado por Castelao para anunciar o xornal Galicia. Diario de Vigo que saíu á rúa o 25 de xullo de 1922. O cartel, do que non temos coñecemento doutro exemplar, gardárao o polifacético artista e galeguista Xosé Sesto e foi doado ao Museo polo seu fillo Farruco Sesto Novás.
Os fondos bibliográficos e documentais do Museo víronse recentemente incrementados coa incorporación do arquivo e biblioteca persoais de José Luis Souto (1942-2016) que foron legados no seu testamento.
Neste artigo faise un percorrido pola colección de bonecas de papel e outros xoguetes do s. XIX do Museo, unha pequena representación presente na institución grazas ás doazóns de distintas familias burguesas da cidade como as irmás Mendoza Babiano, as señoritas Domercq ou os García Solís.
@ Copyright 2004-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 - Fax: +34 886 20 13 01 arriba | inicio | contactar | aviso legal