Novos Valores 2018. Obra seleccionada

Desde o 3 de agosto e ata o 16 de setembro o claustro superior do edificio Sarmiento acubilla a exposición Novos Valores 2018 que amosa as 25 obras seleccionadas neste certame, entre as que se atopan as catro premiadas.

As bolsas para a ampliación de estudos recaeron este ano nas obras Lo merecido, de Natalia Umpiérrez; My statement, performance audiovisual de Noela Covelo; o vídeo Synth-BIOs-sobreinformación, de Lois Búa e Ternura, pintura de Blanca Nieves Lourés.

Blanca Nieves Lourés. Ternura.

Blanca Nieves Lourés. Ternura.
Natalia Umpiérrez. Lo merecido
Natalia Umpiérrez. Lo merecido.

Noela Covelo. My statement.
Noela Covelo. My statement.

 

Lois Búa. Synth-BIOs-sobreinformación

Lois Búa. Synth-BIOs-sobreinformación

Nesta edición, o certame Novos Valores recibiu case un centenar de traballos dos que foron seleccionadas para formar parte da exposición as seguintes obras que presentamos por disciplinas:

Escultura: Bulbas de Alba Castillo Costa; Camino de regreso de María Teresa Pece Montenegro; Fasme grelar de Paula Pereira Carreiro; Desnudo 14 de María del Mar Ramón Soriano e El peso del cuerpo de Nuria Rodríguez Figueiredo.

Pintura: No pienses en ello de Natalia Fernández Umpiérrez e Xulia con retrato de Xulia de Carlota Covas Belso.

Debuxo: Ruido y costumbre de Lois Costas Pereiro; Tramas de piel de Alejandra Mónica Lago Alejandre; Estado de la cuestión (retrato incipiente de mi tesis doctoral) de Rebeca López Villar e Dongs#1-20# (politics) que la poésie soit dábord résistance de Alexandre Argibay Santiago.

Gravado: Lo que queda tras el bosque de Rosa María García Martínez e Hilaturas de Alejandra Mónica Lago Alejandre.

Fotografía: Nihil de Miguel Álvarez Fernández; Poliedro de hielo negro que no cesa en su movimiento de Andrés Couso Vázquez; Ons de Raquel García Calviño; Habitación nºS de Rosa Pardal Aragunde e Tierra igual a cuerpo de María do Mar Suárez Canosa. 

VídeoEndometrio de Antía Rodríguez Caldeiro e /BNVDS/.KPT de Luis Javier Romero Ces.

No apartado de Varia encóntrase A vida de miña nai de Sandra Varela Rodríguez. 

Edificio Sarmiento. Do 3 de agosto e ata o 16 de setembro

Actualizado 06/08/2018 00:00

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra