Galicia, a Terra dos mil panos

Do 24 de xullo ao 1 de setembro pódese ver no Sexto Edificio a mostra Galicia, a Terra dos mil panos  na que se exhiben máis de cen pezas antigas que aproximan ao espectador á grande diversidade de panos que foron utilizados co traxe tradicional nos séculos XIX e  principios do século XX. A inauguración terá lugar o mércores 24 de xullo ás 20h.

Nesta colección, reunida ao longo dos anos pola  Asociación Etnográfica Sete Espadelas, pódense contemplar panos de pescozo, panos de cabeza, panos de man, mantóns… e coñecer as materias primas empregadas na súa confección e os adornos, bordados ou técnicas de estampaxe. Non só son panos femininos, senón tamén panos que os homes lucían fachendosos.

José Luis Rodríguez e David Quiñones son os comisarios desta mostra que reflicte a vida do traxe tradicional.

VISITAS GUIADAS POLOS COMISARIOS: Sábados 3, 17 e 24 de agosto ás 12:00 h.

Sexto Edificio. Do 24 de xullo ao 1 de setembro

Actualizado 18/07/2019 00:00

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra