Novos Valores 2019. Obra seleccionada

O claustro superior do edificio Sarmiento acollerá desde o 8 de agosto ata o 15 de setembro a exposición Novos Valores 2019 que amosa as 35 obras seleccionadas neste certame, entre as que se atopan as catro premiadas.

Nesta edición, as bolsas destinadas á ampliación de estudos recaeron nas obras Ordensound, de Amine Asselman; La mirada que escucha, de Elena Matamoro Gómez de los Infantes; na fotografía Habitación nº A, de Rosa Pardal Aragunde; e na escultura Maleza, de Alba Castillo Costa.

Ordensound, de Amine Asselman

La mirada que escucha, de Elena Matamoro Gómez de los Infantes

Habitación nº A, de Rosa Pardal Aragunde

Maleza, de Alba Castillo Costa

Ao certame Novos Valores 2019 concorreron un total de 110 propostas das que o xurado seleccionou as seguintes para formar parte da mostra:

Escultura: Tributo Bob Marley, de Wedyla Rodrigues de Alcántara; Maleza, de Alba Castillo Costa; El secreto, de Nuria Rodríguez Figueiredo; La utilidad de lo inútil, de Rodrigo García Giráldez; e Esencia do segredo, de Teresa Pece Montenegro.

PinturaSobre, en, tras y a través de ella, de Andrés Couso Vázquez; Más allá de las llamas, de Rebeca López Villar; O Alquimista, de Roi Barros Castro; Narval Emboscado e Avante Carballo, de Laura Herreros Cepeda; As túas caricias, de Carlos Fernández López; Ras al Hancut, de Diego del Río Comesaña; Todo volve empezar, e de Alberto Ardid de Cabo.

Debuxo: Vértigo, de Belén Diz Juncal; 12-25 / 71-84 Procesos do esvaecerse, de  Alexandra Rodríguez Rey; e Gentlemen prefer gangs, de Cristian Enrique Gradín Carbajal.

GravadoParlamento de líneas X, de Alejandra Lago Alejandre;  Después de Dios, de Noa Castro Lema; Detracción, de José Eiras Martínez; Tempestad, de Ramiro Elias; Aislados. Ons, de María Monserrat Gay Varela; Fragmento de una erosión, de María García Fernández;e Simbiose, de Aida López Fernández.

FotografíaHabitación nº A, de Rosa Pardal Aragunde; Un punto atrás, de Rocío Araujo Martínez; Exo-órganos, de Claudio Luis Pato Díaz; La ciudad de los Muchachos, de Jonathan Rodríguez González; O oso, de Roberto de la Torre Camiña; Lume, de Carmen Quintáns Varela; A soidade das árbores, de Alejandro Gómez Martínez; Pretexto de madre, de Ana Gil Trigo; e As necesidades dos outros, de Jaime Olmedo Feijoo-Montenegro.

Vídeo: Desastres cotidianos (agua), de Laura García Calleja. 

Varias: Ordensound, de Amine Asselman; Táboa espida, de Vicente Pillado Domato; e La mirada que escucha, de Elena Matamoro Gómez de los Infantes.

Edificio Sarmiento. Do 8 de agosto ata o 15 de setembro

Catálogo para visualizar

Catálogo para imprimir

Edificio Sarmiento. Do 8 de agosto ata o 15 de setembro

Actualizado 01/08/2019 00:00

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra