Galaicos. Un pobo entro dous mundos

A exposición Galaicos. Un pobo entre dous mundos pretende amosar como  o noroeste da península ibérica –a actual Galicia–, a catro días de navegación de Cádiz e de Cardiff, converteuse a finais da Idade do Bronce nun territorio de confluencia cultural entre o mundo atlántico e o mediterráneo.

A través dun selecto elenco de obxectos arqueolóxicos procedentes de diferentes museos de Galicia e Asturias, ilustracións de gran calidade e impactantes fotografías, as persoas que visitan a mostra gozarán dun percorrido pola evolución que se produce en Galicia durante un longo período de 2.000 anos, desde os momentos finais da prehistoria ata a antigüidade tardía. 

A exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra, pode verse no Sexto Edificio desde o 4 de outubro, ás 19 h en que se abre, ata o 2 de febreiro de 2020.

Horario de visita

De martes a sábados: de 10:00 a 21:00

Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00

Luns pechado

24, 25, 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro pechado

VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN

Mércores e sábados ás 18h (a partir do mércores 9 de outubro).

Non é necesaria inscrición máis o aforo será limitado a 20 persoas por rigoroso orde de chegada.

Os grupos (a partir de 10 persoas) que queiran concertar a visita guiada deberán solicitala a través da seguinte dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.gal ou no teléfono 986 804 100 extensión 42412 - 42413. A recepción de chamadas e correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30.

Tanto a entrada á exposición como a participación na visita guiada é gratuíta.

TRÍPTICO EN PDF

Sexto Edificio. Do 4 de outubro ata o 2 de febreiro

Actualizado 01/10/2019 00:00

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra