Bolsas de creación artística. Novos Valores 2018

O Sexto Edificio acolle desde o 17 de outubro ata o 17 de novembro a exposición Bolsas de creación artística. Novos Valores 2018, que recolle os proxectos creativos que as e os artistas galardoados  no certame Novos Valores do ano pasado realizaron mercé ás bolsas concedidas pola Deputación de Pontevedra.

Natalia Umpiérrez coa obra “Milagritos”, Noela Covelo Velasco con “La plañidera y otros cuentos”, Blanca Nieves Lourés Miranda con “Antagonista” e Lois Búa Sambad  con “Zona Videovigilada”, mostran os froitos das novas experiencias conseguidas neste ano.

Sexto Edificio. Do 17 de outubro ata o 17 de novembro

Actualizado 16/10/2019 00:00

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra