Mulleres. Entre Renoir e Sorolla

O rico e diverso universo feminino, representado tanto nas súas formas máis tradicionais como nos novos territorios que a muller comeza paulatinamente a conquistar, ten un protagonismo especial nas obras de arte creadas nos anos que preceden e seguen ao cambio do século XIX ao XX, como se poderá apreciar do 5 de agosto ao 17 de outubro na exposición Mulleres. Entre Renoir e Sorolla que se inaugurará no Edificio Castelao o 5 de agosto ás 19:30 h.

Exposición Mulleres

A mostra, comisariada por Helena Alonso, está formada por unha selección de creacións de Renoir, Sorolla, Casas, Rusiñol, Nonell, Antonio Utrillo, Joan Cardona, Anglada Camarasa, Torres García, Benjamín Palencia, Marti i Alsina, Joaquin Vayreda, Dionís Baixeiras, entre outros artistas, pertencentes a unha das coleccións privadas máis relevantes de España, a colección Fundación Fran Daurel, constituída ao longo de décadas por D. Francisco Daurella, coa firme vontade de que sexan mostradas a un público maioritario.

Visitas guiadas

Xoves ás 18:00 h

Sábados ás 12:00 h

Capacidade limitada polas restriccións sanitarias. Reserva de prazas escribindo a educacion.museo@depo.es

Edificio Castelao. Do 5 de agosto ao 17 de outubro

Actualizado 30/07/2021 00:00

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra