Novos Valores 2012. Obra seleccionada

No Sexto Edificio, desde o 27 de xullo e ata o 9 de setembro, celébrouse a exposición dos Premios Novos Valores de Artes Plásticas.

Exhibíronse trinta e oito obras seleccionadas polo xurado de entre as cento seis que se presentaron ó certame convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra en diversas disciplinas, como pintura, escultura, debuxo, fotografía, gravado ou vídeo.

Os artistas galardoados foron os seguintes: primeiro premio, dotado con 4.000 euros, para Avelino David Fidalgo Omil, polo seu vídeo titulado Animación x animación; segundo premio, de 3.000 euros, para Antía Cea García, pola súa escultura Memoria de un depósito, e terceiro premio, de 2.000 euros, para Marta López López, polo seu debuxo Surrounded, 2012.

O xurado, presidido por Ana Isabel Vázquez Reboredo, presidenta executiva do Museo e presidenta da Comisión de Cultura da Deputación, estivo integrado por Carlos Rosón Gasalla, presidente da Fundación RAC, Carlos García Suárez Otero, presidente da Fundación Laxeiro, Antón Castro Fernández, crítico de arte, Antón Pulido Novoa, artista, e Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura, actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura.

Para ver as obras seleccionadas e premiadas premer nos apartados seguintes:

Actualizado 22/06/2012 12:45

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra