Voilà la femme. 25 aniversario. Exposición

A exposición conmemorativa ‘Voilà la femme’ reúne unha selección de obras das artistas máis relevantes que participaron nas súas 25 edicións e poderá visitarse desde o 19 de maio ata o 10 de xullo no Edificio Castelao. A mostra, que ten como finalidade visibilizar a produción artística realizada por mulleres, convida á reflexión acerca da identidade e a desigualdade a través das propostas de creadoras galegas ou vinculadas a Galicia.

voila la femme

Menchu Lamas, Yolanda Herranz, Celeste Garrido, Ánxeles Iglesias, Carme Nogueira, Carmen Hermo, Mar Vicente, Reme Remedios, Sara Sapetti, Sonia Tourón, Mª Covadonga Barreiro, Basilisa Fiestras, Ana Gil, Noemí Lorenzo, Nuria Ruibal, Beatriz Sieiro, Itziar Ezquieta, Ofelia Cardo, Gema López, Mery Pais, Isabel Alonso, Colectivo LAG, Belén Diz, Raquel Blanco e Tania Crego conforman esta exposición colectiva na que exhibirán maioritariamente pezas inéditas.

Corpo, xénero, identidade e existencia son os núcleos de creación e investigación artística nos que se centran as obras incluídas nesta mostra que se inaugurará o xoves 19 de maio, ás 19:30 h. A entrada será libre ata completar a capacidade.

Edificio Castelao. Do 19 de maio ao 10 de xullo

Actualizado 16/05/2022 00:00

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra