ACTUALIDADE
Os edificios Castro Monteagudo e García Flórez, pendentes de rehabilitación, permanecen pechados.

  • notas de prensa

    Voilà la femme. 25 aniversario. Exposición

    Voilà la femme

    Visibilizar a creación artística realizada por mulleres, convidando á reflexión acerca da identidade e a desigualdade a través da obra de creadoras galegas ou vinculadas a Galicia é o obxectivo da exposición conmemorativa ‘Voilà la femme’, que permanecerá aberta ao público, no edificio Castelao, desde o 19 de maio ata o 10 de xullo.


    notas de prensa

    Día Internacional dos Museos

    Día dos museos

    Visitas comentadas, un festival de música con Estudo Bonobo e a proxección do audiovisual ‘O poder do Museo’ no edificio Castelao, serán as actividades que se desenvolverán con motivo da celebración, o mércores 18 de maio, do Día Internacional dos Museos, unha iniciativa promovida polo ICOM desde 1977.


  • notas de prensa

    Certame de artes plásticas Novos Valores 2022

    Certame de artes plásticas Novos Valores 2022

    A Deputación de Pontevedra abriu o prazo de presentación de solicitudes para participar na edición 2022 do certame de artes plásticas Novos Valores ao que pode concorrer calquera artista, natural ou residente en Galicia, de entre 18 e 35 anos de idade. As persoas participantes nalgunha das modalidades establecidas (pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica e vídeo creación, entre outras), optarán ás catro bolsas de 7.500 € cada unha coas que a Administración provincial busca incentivar a formación de artistas noveis.


    notas de prensa

    Presentación de Esenciais. Publicacións

    Cartel Esenciais Castelao

    O edificio Castelao acolleu este martes a presentación do primeiro número da nova serie de publicacións de carácter divulgativo ‘Esenciais’, que ofrece un relato accesible para todos os públicos sobre as obras e artistas fundamentais da nosa colección. O volume inicial está dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un persoeiro clave na Galicia do século XX imprescindible, tanto pola súa relevancia artística como pola súa implicación na creación desta institución. A obra, editada polo departamento de Publicacións deste museo, foi elaborada polo coordinador de Difusión e Contidos Divulgativos, José Manuel Castaño García.


    notas de prensa

    A presenza invisible. Frascos de perfume art nouveau e art déco. Exposición

    A presenza invisible. Frascos de perfume art nouveau e art déco

    As correntes artísticas do século  XX, especialmente o art nouveau e o art déco, foron determinantes na expansión e o éxito da industria do perfume, que viviu a súa época dourada coa evolución dos frascos, inicialmente xenéricos, en pezas creadas por artistas, deseñadores e vidreiros. A exposición A presenza invisible, que permanecerá aberta ao público no Edificio Castelao desde o 7 de abril ao 12 de xuño, reúne máis de 200 botellas, así como caixas e estoxos de perfumes, xabón ou pos de arroz, realizadas entre 1896 e 1945, moitas delas convertidas hoxe en auténticas iconas das artes decorativas.

Deputaci�n de Pontevedra Museo de Pontevedra