Os centros escolares da provincia que o desexen xa se poden acoller á edición 2021-2022 do programa “Coñece o Museo de Pontevedra”, convocado pola Deputación de Pontevedra. As solicitudes deberán presentarse no propio museo atendendo ás seguintes directrices:

  1. O programa “Coñece o Museo de Pontevedra” levarase a cabo durante o curso 2021-2022 coa finalidade de achegarlle ao alumnado da provincia de Pontevedra toda a riqueza cultural da colección do museo e o intenso labor que desenvolve neste eido
  2. As visitas realizaranse dentro do horario de apertura ao público do museo, entre as 10 e as 21 h, e o tempo da visita oscilará entre os 60 e os 90 minutos en función do itinerario elixido
  3. Poderase consultar ao Departamento de Educación para escoller o itinerario desexado. Máis información a través do correo electrónico: educacion.museo@depo.gal
  4. Deberase respectar a hora, o número de alumnado e o nivel educativo concertado. O Departamento de Educación encargarase de velar polo cumprimento deste apartado, e incluso poderá suspender a visita seguindo criterios pedagóxicos e de seguridade
  5. A Deputación de Pontevedra financiará unha visita co correspondente traslado en autobús por cada centro escolar ata esgotar a dotación orzamentaria
  6. As axudas aos centros adxudicaranse atendendo a criterios orzamentarios, funcionais e operativos; a Deputación aboará o custo da viaxe segundo o prezo medio de mercado
  7. Unha vez acordada e realizada a visita, a empresa de transportes presentará a factura correspondente de acordo coa cantidade inicialmente orzamentada e solicitada
  8. Quedarán excluídos da axuda os centros escolares do núcleo urbano da cidade de Pontevedra

Procedemento para a solicitude

  1. Concertar a visita co Departamento de Educación do Museo de Pontevedra a través do correo electrónico educacion.museo@depo.gal ou do teléfono 986 804 100, extensións 42413 e 42416
  2. Unha vez concertada a visita, cómpre cubrir o formulario de solicitude e presentalo xunto co orzamento detallado da empresa de transporte, cunha antelación mínima de 15 días antes da data da súa realización, por vía electrónica a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra