01050003.01.jpg
Vista actual do edificio (© Anxo Rial)

Edificio Castro Monteagudo

Logo da aprobación da moción fundacional do Museo de Pontevedra pola Deputación Provincial o 30 de decembro de 1927, a primeira tarefa que lles cómpre afrontar ós seus impulsores é a de buscar un edificio no que albergar os fondos. A elección non é doada pero si rápida, resultando elixido o pequeno pazo do século XVIII situado fronte á Praza da Leña, no número 12 da entón chamada rúa de Gregorio Fernández, hoxe Pasantería.

O levantamento da primitiva sede do Museo está datado en 1760, tal como figura no documento gardado no interior dunha bolsiña de lenzo atopada no momento de realizar obras de reforma para a Escola Unitaria de Nenos. O documento en cuestión está escrito en latín e nel faise constar que foi edificado dende os alicerces por José de Castro y Monteagudo, primeiro Auditor na Provincia Marítima de Pontevedra.

Antes de ser adquirida, tivo moi diversos destinos: no baixo, local comercial de "La Imperial", casa de comidas "La Flor", obradoiro de carpintería de "Rarrá"; no piso, a citada Escola Unitaria; en parte do xardín, dando á rúa Pasantería, un alpendre que antes da súa adquisición era un cortello de porcos.

01050003.03.jpg 01050003.02.jpg
Fachada meridional,
antes da súa adquisición para o Museo
Despois da restauración para museo
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra