9/12/09 Presentación da Web Pontevedra para o mundo

Actualizado 04/12/2009 13:51

museo de pontevedra

O próximo día 9 de decembro, mércores, ás seis da tarde, presentarase no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra a páxina web titulada Pontevedra para o mundo. Arte, historia e vida da miña cidade. Concibida e realizada por José Luis García-Tuñón Vela (Pontevedra, 1948), ofrécese, combinando voz e imaxes históricas e actuais, como unha plataforma divulgativa, sen limitación de contidos, do pasado e do presente da cidade de Pontevedra.

A entrada ao acto, ata completar o aforamento da sala, é libre.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra