Entrega de premios dos concursos escolares

Actualizado 16/05/2007 09:45

museo de pontevedra

Na tarde do martes 15 de maio, celebrouse o acto de entrega de premios dos concursos escolares que comezou ás cinco da tarde no salón de actos do edificio Fernández López do Museo de Pontevedra.

Presidiu o acto a presidenta executiva do Organismo Autónomo Local dona Teresa Pedrosa e asistiron os membros do xurado, don Carlos Valle Pérez, director do Museo, don Antonio Montero Carro, director de xestión, don Xosé Fuentes Alende, secretario, e os membros co consello asesor, don Luciano García Alén e don José Luis Basanta Campos. Estivo tamén presente Carlos García Alén, fillo de Alfredo García Alén quen dá nome a un dos concursos.

Os premios foron os seguintes:

CONCURSOS ALFREDO GARCÍA ALÉN

  • Ensino Primario
    • Primeiro premio: as alumnas de sexto curso Ana Belén Fernández Fernández, María Coego Jorge, Eva Valdés Aymerich, Nuria López González e Lucía Mariño Juiz, do Colexio Sagrado Corazón, de Lalín, baixo a dirección do profesor Salvador Méijome Ulloa, acordando o Xurado ter un recoñecemento especial para o profesor.
    • Accésit: Anxo Albán García, Sergio Alonso Veiga, Antía Andreu Rodíguez, Rodrigo Cabaleiro Somoza, Raúl Carballo Sánchez, Fátima Miñón Puga, Efraín Pena Barreiro, Ismael Cabaleiro Somoza, Naomí Freire Fontán, Aroa Otero Rodríguez e Víctor Reguera Fernández, de quinto e sexto curso do C.E.I.P. Ponte Sampaio, coordinados pola profesora Sara García Fernández.
  • Apartado de E.S.O.
    • Primeiro premio: Iván Álvarez Fernández, Lucía Leticia Barrio Mosteiro, Daniel Barros Bugallo, Ramón Casal Arias, Guillermo Cortizo Vidal, Lucía Fraguas Corbal e Santiago Picáns Cendón, alumnos de terceiro curso do I.E.S. Chano Piñeiro, de Forcarei, cun recoñecemento especial ós profesores coordinadores Manuel Andújar e Xaime Varela.

CONCURSOS LÓPEZ SUÁREZ – CASTILLEJO

  • Primeiro premio: alumnos de sexto curso de Primaria do C.E.I.P. Cruceiro, de Vilalonga (Sanxenxo), sendo obxecto tamén dun recoñecemento por parte do Xurado o profesor titor José Manuel Hermida González.
  • Accésit: para o C.E.I.P. O Piñeiriño, de Vilagarcía de Arousa, polos traballos realizados polos alumnos de Infantil e Primaria, coordinados polo profesor Román Tajuelo Rodríguez.
  • Accésits: alumnos de cuarto curso do C.E.P. Xunqueira 2, de Pontevedra, dirixidos pola profesora Mercedes Vázquez Rodríguez, do colexio San Bartolomeu, de Tremoedo (Vilanova de Arousa).

CONCURSOS EMILIA ESTÉVEZ VILLAVERDE

  • Modalidade de narrativa
    • Primeiro ciclo: Iria Casal Solla, de segundo curso do C.E.P. Riomaior, de Vilaboa.
    • Segundo ciclo: Santiago Fandiño Oubiña, de terceiro curso do Colexio San Bartolomeu de Tremoedo (Vilanova de Arousa),
    • Premio especial: Colexio San Bartolomeu de Tremoedo (Vilanova de Arousa), polo conxunto de narracións realizadas baixo a supervisión da profesora Begoña Montáns Pereira.
    • Accésit: Jorge García Moldes, de terceiro curso do C.E.I.P. Álvarez Limeses, de Pontevedra.
    • Terceiro ciclo: Alba Quintairos Soliño, de sexto curso do C.E.I.P. Carballal, de Marín.
    • Accésit: Rosa Veiga Otero, de quinto curso do C.P.I. de Vedra (Boqueixón).
  • Modalidade de poesía
    • Segundo ciclo: Lidia Piñeiro García, de cuarto curso do C.E.I.P. Carballal, de Marín.
    • Accésit: Paula Gayo Fazanes, do mesmo curso e colexio.
    • Terceiro ciclo: Estefanía Collazo Val, de quinto curso do C.E.I.P. Santo André de Xeve (Pontevedra)
    • Accésits: Candela Soto Abonjo, do mesmo curso e colexio e Sofía Fernández Fuentes, de sexto curso do C.E.I.P. Noalla-Telleiro (Sanxenxo).
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra