Inaugurada a Exposición Bibliográfica do Día das Letras Galegas na Biblioteca do Museo

A escritora María Mariño cun exemplar da primeira edición de Palabra no tempo

Actualizado 16/05/2007 10:45

museo de pontevedra

A sala de investigadores da Biblioteca do Museo de Pontevedra, situada na ampliación do Edificio Fernández López desta entidade, acolle, como tódolos anos por estas datas, unha exposición bibliográfica conmemorativa do Día das Letras Galegas, este ano dedicada a María Mariño, que durará ata o próximo día 10 de xuño.

A mostra consta dunha pequena selección da obra da autora María Mariño Carou (Noia 1907 – Seoane do Courel 1967), na que se poden consultar traballos sobre esta autora de diversos persoeiros da cultura galega, como Méndez Ferrín ou Francisco Fernández del Riego. Destaca un apartado dedicado ós estudos Uxío Novoneyra sobre a escritora; seguen as obras da propia autora, entre as que destaca o exemplar da primeira edición de Palabra no tempo. Remátase a mostra con artigos en xornais e as edicións publicadas no ano 2007, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, dedicado a esta autora.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra