A morfoloxía e identificación dos materiais fotográficos negativos, curso de fotografía

Actualizado 30/05/2007 19:30

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra está a organizar un curso de fotografía co título: A morfoloxía e identificación dos materiais fotográficos negativos, que impartirá Ángel Fuentes de Cía, conservador-restaurador de material fotográfico.

O Museo de Pontevedra organizará un curso co título A morfoloxía e identificación dos materiais fotográficos negativos, entre o 22 e o 26 de outubro, que ten como obxectivo a caracterización, identificación e preservación dos materiais de toma negativos mediante técnicas de análise da estrutura morfolóxica dos orixinais históricos, pautas de identificación físico-químicas, técnicas de diagnóstico; pautas de estabilidade e causas do deterioro físico, químico e biolóxico, estudo do impacto medio-ambiental na esperanza de vida dos orixinais, pautas de almacenamento e parámetros de custodia e sistemas de protección directa e materiais de recolocación.

  • Dirixido a: arquiveiros, bibliotecarios, documentalistas, historiadores da arte, restauradores de papel, conservadores, coleccionistas, e a cantos compete a preservación e custodia de orixinais fotográficos históricos.
  • Programa:
    • Día 22. Historia e evolución das bases negativas. Prácticas.
    • Día 23. Técnicas de identificación. Estudo e diagnóstico dos materiais. Peritaxe e monitorización de coleccións. Prácticas.
    • Día 24. Estabilidade de los materiais negativos. As causas do seu deterioro físico, químico e biolóxico. Prácticas.
    • Día 25. Almacenamento, uso e protección. Manipulación e coidados. Técnicas de protección especiais para orixinais deteriorados. Prácticas.
    • Día 26. Exame e avaliación individualizada das prácticas levadas a cabo por cada participante.
  • Inscrición: debido ó carácter práctico do curso, a asistencia estará restrinxida a 25 persoas. Farase unha selección baseada na adecuación do solicitante, a súa formación previa e polo contido e necesidades do seu traballo.
  • Prazo de inscrición: as solicitudes remitiranse ó Museo de Pontevedra (Apartado 104, 36080 Pontevedra), xunto co currículum vitae antes do 15 de setembro.
  • Matrícula: 30 €.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra