Reunión do xurado do certame Novos Valores

No edificio Sarmiento contra as dez da mañá valorará as máis de duascentas obras presentadas por novos artistas de toda Galicia.

Actualizado 01/06/2007 08:57

museo de pontevedra

Esta mañá reúnese o xurado cualificador do certame Novos Valores presidido por Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación Provincial, e composto por José Juan Durán, deputado-presidente da Comisión de Cultura, José Carlos Valle Pérez, director do Museo, Ignacio Barcia, decano da Facultade de Belas Artes, Ramón Rozas, crítico de arte, o pintor Manuel Ruibal e o artista máis novo premiado na edición anterior, Oliver Añón Lema.

O xurado fará unha selección previa entre as 213 obras presentadas que se configuran da seguinte maneira: trinta e oito no apartado de audiovisuais, catorce no de debuxo, trinta e tres esculturas, cincuenta fotografías, tres gravados, sesenta e oito pinturas e sete noutras técnicas.

Coa obra seleccionada organizarase, como tódolos anos, unha exposición que se celebrará do 2 de agosto ó 8 de setembro de 2007.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra