Ciclo de conferencias complementario da exposición Torres García e Barradas. A vangarda cotiá, 1917-1929.

Actualizado 05/07/2007 05:37

museo de pontevedra

As conferencias terán lugar no edificio Fernández López ás 7,30 da tarde, os días 9 e 10 de xullo a cargo de Gabriel Peluffo, comisario da exposición, e Cecilia de Torres, nora de J. Torres García.

Gabriel Peluffo Linari (Montevideo, 1946) é arquitecto, comisario de exposicións e historiador da arte con publicacións, cursos e seminarios sobre o tema desde 1985. Académico de Número da Academia Nacional de Letras (Uruguai), actualmente é director do Museo Municipal Juan Manuel Blanes de Montevideo desde 1992.

Cecilia de Torres é propietaria dunha galería de arte especializada en construtivismo e abstracción xeométrica sudamericana, en Nova York. Foi curadora en diversas exposicións de arte, particularmente sobre construtivismo e sobre Torres García. Traballa, ademais no catálogo razoado da obra de J. Torres García.

PROGRAMA

  • Día 9: Gabriel Peluffo. Torres, Barradas e os vínculos culturais entre España e o Río de la Plata.
  • Día 10: Cecilia de Torres. A estancia en Nova York de Joaquín Torres García.

NOTA:
Os asistentes que o desexen recibirán un certificado de asistencia ó ciclo, para o que deberán inscribirse na entrada do propio salón de actos do edificio Fernández López minutos antes de comezar a primeira conferencia, debendo asistir a ambalasdúas.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra