Inaugurada a exposición A vangarda cotiá. Barradas e Torres García. 1917-1929

Actualizado 06/07/2007 20:32

museo de pontevedra

O pasado venres día 6 de xullo tivo lugar o acto de inauguración da exposición A vangarda cotiá. Barradas e Torres García. 1917-1929, no edificio Sarmiento.

Asistiron ó acto, entre outros, o cónsul de Uruguai en Santiago, Gonzalo Koncke, o subdirector xeral de Caixanova, Antonio Gómez e o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán que, xunto co resto dos asistentes visitaron a exposición guiados polo comisario da mesma, Gabriel Peluffo, e por Carlos Valle, director do Museo. Na mostra pode contemplarse unha boa representación de pinturas, documentos e outras pezas de ambos artistas. Permanecerá aberta ó público ata o 2 de setembro en horario, de martes a sábados, de 11h a 14h, e de 18h a 21h, e os domingos e festivos de 11h a 14h. A entrada é libre.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra