Celebración do ciclo de conferencias sobre Barradas e Torres García

Actualizado 10/07/2007 10:30

museo de pontevedra

Onte luns día 9 de xuño, ás 19:30h, Gabriel Peluffo, director do Museo Municipal Juan Manuel Blanes de Montevideo, e comisario da exposición A vangarda cotiá. Barradas e Torres García. 1917-1929, deu unha conferencia, no salón de actos do edificio Fernández López, co título: Torres, Barradas e os vínculos culturais entre España e o Río de la Plata. Esta tarde é a quenda de Cecilia de Torres, quen disertará sobre A estancia en Nova York de Joaquín Torres García, no mesmo lugar, tamén a partir das 19:30h, pechando o ciclo de conferencias que complementan a mostra actualmente aberta no edificio Sarmiento.

A asistencia a ámbolos dous eventos é libre e gratuíta.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra