Inaugurada a exposición
Novos Valores 2007. Obra seleccionada

Actualizado 03/08/2007 12:04

museo de pontevedra

O xoves 2 de agosto, no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra celebrouse o acto de inauguración da exposición Novos Valores 2007, na que se exhibe a obra seleccionada polo xurado do certame anual promovido pola Deputación de Pontevedra.

Participaron no acto o presidente da Deputación Provincial, a concelleira de Cultura e o director do Museo, que salientaron a importancia que o certame Novos Valores ten dentro do panorama das artes plásticas, dando opción aos novos artistas para desenvolver a súa obra e darse a coñecer, tal e como se ven facendo desde finais do século XIX por parte da institución provincial que impulsou a carreira de artistas pontevedreses que hoxe ocupan un lugar importante no mundo da arte.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra