O concerto A la luz de los candelabros de Música en Compostela celebrarase o sábado, día 18

Actualizado 14/08/2007 10:06

museo de pontevedra

O tradicional concerto A la luz de los candelabros que tódolos anos ofrecen no Museo de Pontevedra os alumnos bolseiros participantes nos Cursos Internacionales Música en Compostela, que dirixe o profesor Antonio Iglesias, celebrarase, na súa cuadraxésimo oitava edición, o próximo día dezaoito, sábado, ás oito da tarde, no salón de actos do edificio Fernández López.

As invitacións poden ser retiradas ata o próximo xoves no propio Museo en horario de apertura ó público.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra