Curso de fotografía: A morfoloxía e identificación dos materiais fotográficos negativos

Actualizado 14/08/2007 10:12

museo de pontevedra

Este curso, que será impartido por Ángel Fuentes de Cía, conservador-restaurador de material fotográfico, entre o 22 e o 26 de outubro, en horario de mañá e tarde (de 10 a14 h e de 16 a 19h), terá unha duración de 30 horas. O seu obxectivo é a caracterización, identificación e preservación dos materiais de toma negativos mediante técnicas de análise da estrutura morfolóxica dos orixinais históricos, pautas de identificación físico-químicas, técnicas de diagnóstico; pautas de estabilidade e causas do deterioro físico, químico e biolóxico, estudo do impacto medio-ambiental na esperanza de vida dos orixinais, pautas de almacenamento e parámetros de custodia e sistemas de protección directa e materiais de recolocación.

Dirixido a: arquiveiros, bibliotecarios, documentalistas, historiadores da arte, restauradores de papel, conservadores, coleccionistas, e a cantos compete a preservación e custodia de orixinais fotográficos históricos.

Programa:

  • Día 22. Historia e evolución das bases negativas. Prácticas.
  • Día 23. Técnicas de identificación. Estudo e diagnóstico dos materiais. Peritaxe e monitorización de coleccións. Prácticas.
  • Día 24. Estabilidade de los materiais negativos. As causas do seu deterioro físico, químico e biolóxico. Prácticas.
  • Día 25. Almacenamento, uso e protección. Manipulación e coidados. Técnicas de protección especiais para orixinais deteriorados. Prácticas.
  • Día 26. Exame e avaliación individualizada das prácticas levadas a cabo por cada participante.

Inscrición: debido ó carácter práctico do curso, a asistencia estará restrinxida a 25 persoas. Farase unha selección baseada na adecuación do solicitante, a súa formación previa e polo contido e necesidades do seu traballo.

Prazo de inscrición: as solicitudes remitiranse ó Museo de Pontevedra por correo postal (Apartado 104, 36080 Pontevedra), correo electrónico (pcaro@museo.depontevedra.es) ou fax (986 840693) xunto co currículum vitae antes do 15 de setembro.

Matrícula: 30 €

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra