Concerto do dúo Ana María Gorostiaga – Domingo Cedrés o próximo xoves 18 ás 20:00 horas

Actualizado 17/10/2007 06:10

museo de pontevedra

O próximo xoves día 18 de outubro terá lugar no salón de actos do edificio Fernández López do dúo formado pola pianista Ana María Gorostiaga e o barítono Domingo Cedros, dentro da programación anual de actividades deste museo.

Ana María Gorostiaga, pianista

Fixo os seus primeiros estudos no Conservatorio de Madrid co seu pai e Enrique Aroca. Obtivo os primeiros premios de solfeo, música de cámara, harmonía e piano, e os premios extraordinarios María del Carmen e Pedro Masaveu.

Ampliou os seus estudos en Roma baixo a dirección de Agosti, en Siena, asistindo á Academia Musical Chigiana, en París, con Lazare Levy, etc.

Especializouse en música de cámara, e colaborou con grandes figuras nacionais e estranxeiras. Foi catedrática de repertorio vocal na Escuela Superior de Canto de Madrid, sendo frecuentes as súas actuacións con cantantes como Isabel Penago, María Orán, Bruno Laplante, Dolores Pérez, etc.

Desde hai varios anos é pianista habitual do barítono Domingo Cedrés, formando ambos un “dúo liederístico de gran altura”.

Actuou en diferentes festivais musicais de España, entre eles os de Santander, Granada, Lugo, Segovia, Alicante, Sevilla, Matews (Portugal), etc.

Colaborou durante varios no curso Manuel de Falla, de Granada, sendo pianista dos mestres Agustín León Ara e Pedro Corostola. Foi integrante do Quinteto Clásico de Radio Nacional nas súas vertentes recitais e gravacións para radio e televisión.

As súas frecuentes actuacións conseguiron que o seu nome figure por dereito propio entre os máis sólidos valores da xeración de intérpretes españois.

Domingo Cedrés, barítono

Naceu en Santa Cruz de Tenerife (Illas Canarias), onde cursou os seus primeiros estudos musicais. Na súa adolescencia trasladouse a Caracas (Venezuela), onde continuou os seus estudos co profesor José Manuel López Lorente, cultivando a súa carreira como cantante profesional en concertos e programas de televisión. Tras ter actuado en Costa Rica, Colombia e Santo Domingo, regresou á súa terra natal, onde tomou clases coa mestra Pilar Castro.

Máis tarde trasladouse a Madrid e ingresou na Escuela Superior de Canto, tendo de profesora a María Orán; e enriqueceu o seu repertorio estilístico vocal coa pianista Ana María Gorostiaga, á vez que traballaba ás ordes da mestra Dolores Marco, na montaxe de varias zarzuelas e operetas.

Foi un dos intérpretes máis novos da Antología de la Zarzuela de José Tamayo, coa que viaxou por unha gran parte do mundo. Tamén foi figura nos Festivais de Ópera actuando en case toda a xeografía española. Pertenceu á Compañía de Zarzuelas Isaac Albéniz.

Foi un dos protagonistas de Réquiem, de Torrandell, na súa estrea mundial en Palma de Mallorca, dirixido por Odón Alonso. Ademáis, interpretou Réquiem de Mozart, a Misa Solemne de Rossini, Misa Tempore Belli, de F. J. Haydn.

Dirixírono mestres como Enrique García Asensio, Rafael Frühbeck de Burgos, Vítor Pablo, Jesús L. Cobo, etc.

Entre os seus maiores éxitos cabe mencionar El Teléfono de Menotti, no Teatro de la Zarzuela, baixo a dirección de Vítor Pablo no musical, e no escénico José Luis Alonso.

Desde hai varios anos, forma coa pianista Ana María Gorostiaga, un dúo liederístico actuando por toda España e parte de Europa.



PROGRAMA
Domingo Cedrés, barítono
Ana María Gorostiaga, pianista


I

Cantata profanaVivaldi (1741-1678)
Dimmi Ben mio Chem’amiBeethoven (1770-1827)
In questa tomba oscuraBeethoven (1770-1827)
Wonne der wehmuth (Triunfo del dolor)Beethoven (1770-1827)
Ich liebe dich (Yo te amo)Beethoven (1770-1827)
An die musik (A la música)Schubert (1797-1828)
An Silvia (A Silvia)Schubert (1797-1828)
Dein blaues augen (Tus ojos azules)Brahms (1797-1833)
Die mainacht (Noche de mayo)Brahms (1797-1833)
Traum durch die D’Ammerrung (En sueño en el atardecer)Strauss (1864-1949)
Zueingnung (Dedicatoria)Strauss (1864-1949)


II

Si mes vers avaientHahn (1875-1947)
L’enamouréeHahn (1875-1947)
Ov’e la voce magicaDonizetti (1797-1848)
Che cangi tempraDonizetti (1797-1848)
Rio, RioSandoval (1900-1967)
La tarde era tristeSandoval (1900-1967)
La GolondrinaSandoval (1900-1967)
Marinero en tierraHalffter (1900-1987)
Que altos los balconesHalffter (1900-1987)
CasaditaHalffter (1900-1987)
Siempre que sueño las playasHalffter (1900-1987)
VeranoHalffter (1900-1987)
Gimiendo por ver el marHalffter (1900-1987)
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra