O Museo de Pontevedra presente en
Puro Arte 2007

Actualizado 20/10/2007 11:22

museo de pontevedra

Entre o 18 e o 22 de outubro celébrase a segunda edición da Feira Internacional de Arte PURO ARTE 2007, onde o Museo de Pontevedra ocupa o stand número 29.

O lugar de celebración é o Instituto Ferial de Vigo (IFEVI), situado en Cotogrande. Entre os expositores atópase o Museo de Pontevedra que baixo o lema Museo de Pontevedra cara ao porvir, presenta, principalmente, o que vai ser a súa expansión física, que se ven ultimando coa construción dun novo edificio de arredor de 10.000 metros cadrados obra dos arquitectos Jesús Ulargui e Eduardo Pesquera, e financiado pola Deputación de Pontevedra xunto co Ministerio de Cultura e a Consellería de Cultura e Deporte.

A entrada en funcionamento deste novo edificio permitirá duplicar a superficie do museo, ademais de marcar un antes e un despois en tódolos ámbitos, tanto na exposición das súas coleccións, como a programación de actividades, afluencia de visitantes e, obviamente, a súa proxección.

  • Lugar de celebración:
    Instituto Ferial de Vigo. IFEVI
    Pabellón 3.
    Av. Do Aeroporto 772. Cotogrande. 36318. VIGO.
    Pontevedra. España.
  • Horario:
    Venres 19 de outubro: 11.30 – 21.30 hrs.
    Sábado 20 de outubro: 11.30 – 21.30 hrs.
    Domingo 21 de outubro: 11.30 – 21.30 hrs.
    Luns 22 de outubro: 11.30 – 20.30 hrs.
  • Tarifas:
    Adultos: 5€
    Nenos: Entrada gratuita
    Xubilados: 3€
    Catálogos: 10€
  • Máis información
    http://www.feriapuroarte.com
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra