Curso Morfoloxía e identificación dos materiais fotográficos negativos

Actualizado 22/10/2007 10:30

museo de pontevedra

Este luns dará comezo no el Museo de Pontevedra un curso sobre “Morfoloxía e identificación dos materiais fotográficos negativos”, que será impartido por Ángel Fuentes, conservador-restaurador de material fotográfico.

O curso, que será eminentemente práctico, está dirixido a arquiveiros, bibliotecarios, historiadores da arte, restauradores, conservadores, documentalistas e a cantos compete a preservación e custodia de orixinais fotográficos históricos. Ten como obxectivo a caracterización, identificación e preservación dos materiais de toma negativos mediante técnicas de análise da estrutura morfolóxica dos orixinais históricos, pautas de identificación físico-químicas, técnicas de diagnóstico; pautas de estabilidade e causas do deterioro físico, químico e biolóxico, estudo do impacto medio-ambiental na esperanza de vida dos orixinais, pautas de almacenamento e parámetros de custodia e sistemas de protección directa e materiais de recolocación.

Celebrarase do 22 ao 26 de outubro en horario de mañá e tarde.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra