VI Memorial Filgueira Valverde

Actualizado 29/10/2007 08:09

museo de pontevedra

Do 29 ao 31 de outubro de 2007 celébrase o VI Memorial Filgueira Valverde, este ano dedicado á figura de Laxeiro, do que se cumplirá o centenario do seu nacemento en 2008.

Xosé Otero Abeledo, Laxeiro, foi sen discusión un dos máis importantes artistas galegos do século XX. Pertence á xeración que, nos anos que precederon á Guerra Civil, contribuíu, en clave de modernidade e desde a asunción do seu propio pasado, á renovación da nosa plástica.

Mantivo Laxeiro unha moi estreita relación ao longo da súa existencia con Xosé Filgueira Valverde, de quen foi rigoroso coetáneo: 1908 e 1996 son as súas datas de nacemento e morte e 1906 e tamén 1996 as do egrexio profesor. Esta proximidade cronolóxica e vital, por un lado, e, por outro, e sobre todo, a conmemoración en 2008 do centenario do seu nacemento, xustifican plenamente que se lle dedique a tan excelso creador esta edición do Memorial que leva o nome do polígrafo pontevedrés.

As conferencias celebraranse ás 19:30 horas no salón de actos do edificio Fernández López. O concerto ás 20:30 horas no auditorio do Centro Social de Caixanova en Pontevedra.

PROGRAMA DO MEMORIAL

  • 29 de outubro
    Conferencia: Laxeiro: itinerario xestual pola pintura do século XX
    JAVIER PÉREZ BUJÁN
    Fundación Laxeiro
  • 30 de outubro
    Conferencia: Fabulacións na pintura de Laxeiro
    ANTONIO GARRIDO
    Universidade de Santiago de Compostela
  • 31 de outubro
    Concerto: Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra
    Director: Manuel Fernández Cayeiro
    Solistas: Carlos Lino, Isabel Lamas, Mª Elena Feijoo, Raimunda Lusquiños y Xosé Luis Álvarez.
    PROGRAMA
    I
    CantigasMartín Codax s. XIII
    Con qué la lavaréJ. Vázquez (1510-1560)
    Au joly jeuClement Jannequin (1485-1558)
    Al amor quiero vencerL. de Milan s. XVI
    Il bianco e dolce cignoJ. Archadelt (1514-1557)
    Jesu dulcis memoriaT. L. de Victoria (1535-1611)
    O vos omnesT. L. de Victoria (1535-1611)
    O sacrum conviviumLudovico de Viadana (1564-1627)


    II
    CoitaAntón García Abril (1933)
    A fe do cegoJosé Verea (1934)
    Tres cantigas (P. Sarmiento)José Verea (1934)
    Romance do Conde de ArcosA. Iglesias Vilarelle (1891-1971)
    Tres cantigas de PontevedraA. Bertomeu Salazar (1930)
    San BenitiñoA. Blanco Porto (1890-1940)
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra