Acto en memoria dos patronos, benfeitores, amigos e traballadores do Museo falecidos

Actualizado 15/11/2007 05:47

museo de pontevedra

O día 30 de novembro de 2007 celebrarase o Acto en memoria dos patronos, benfeitores, amigos e traballadores do Museo falecidos, personalizados este ano na figura de D. Joaquín Arias y Díaz de Rábago, que morreu o 29 de maio de 2007. Ocupou, entre outros cargos, o de vicepresidente da Fundación Pedro Barrié de la Maza, que conlevaba ser membro do Padroado do Museo de Pontevedra.

No acto, que será presidido polo presidente da Excma. Deputación Provincial, Rafael Louzán Abal, intervendrán José Mª Arias, fillo do homenaxeado, e Carlos Valle, director do Museo. Comezará ás 19:00 h no salón de actos do edificio Fernández López e a continuación, ás 20:30 h, celebrarase unha misa cantada pola Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra na igrexa parroquial de San Bartolomeu, en lembranza de tódolos patronos, benfeitores, amigos e traballadores do Museo de Pontevedra falecidos.

Joaquín Arias y Díaz de Rábago naceu en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1916.

Rexistrador da propiedade, ó longo da súa dilatada vida desempeñou un papel esencial nos ámbitos da educación, a cultura e a investigación en Galicia, fundamentalmente desde a Fundación Pedro Barrié de la Maza, da que era membro do seu Padroado desde a súa fundación en 1966. Ata o seu falecemento foi Conselleiro de Honra do Banco Pastor, membro do Consello da Cultura Galega, vicepresidente da Fundación Juana de Vega e vogal do Padroado do Museo de Pontevedra, entre outras.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra