O venres 11 de xaneiro de 2007 o coro de ex cantores do Instituto ofrecerá o concerto Despedida del Villancico na igrexa de San Bartolomeu ás 20:30h

Actualizado 07/01/2008 09:38

museo de pontevedra

No Instituto de Pontevedra, que dirixía Don Xosé Filgueira Valverde, nacía en 1955 un coro integrado só por alumnos. Unha iniciativa, apoiada e favorecida por un exemplar claustro de profesores, que viña a dar continuidade a outros precedentes significados na vida musical da cidade de Pontevedra, que contaba cunha fecunda tradición nese eido.

Ese proxecto coral materializouse o día 16 de marzo dese ano 1955, cando actuaba publicamente por primeira vez no Mosteiro de Poio. Contemplaba a preparación anual de catro grandes liñas de composicións: polifonía relixiosa da Semana Maior; panxoliñas de Nadal; música medieval galega e as súas perduracións, e cantos do Calixtino e do Camiño de Santiago.

Desde a súa fundación, as actuacións do Coro do Instituto, que foi coñecido e ponderado tamén polas súas intervencións noutras latitudes, algunhas delas memorables, foron unha constante e un referente na cidade do Lérez. Entre eses concertos é de salientar o da "Despedida del Villancico", organizado anualmente polo Museo de Pontevedra, no que os cantores ofreceron sempre un selecto repertorio de música de Nadal, tanto antiga como contemporánea.

Na súa quincuaxésima edición este tradicional concerto está a cargo dos que noutro tempo formaron parte do Coro, baixo a dirección de José Verea Montero, celebrarase na igrexa de San Bartolomeu o venres 11 de xaneiro de 2007 ás 20:30 h e o programa será o seguinte:

PROGRAMA

Gloria in celloLauda italiana, s. XIII, harm. A. Isorna
In dulci jubiloCanon inglés, s. XV
No la debemos dormirCancioneiro de Upsala, Fr. Ambrosio de Montesino, s. XVI
Verbum caroCancioneiro de Upsala, s. XVI
Más vale trocarJ. del Encina (1468-1529)
Est is ein ros'entsprungenM. Praetorius (1571-1621)
O bon rei Don WenceslaoTrad. inglés, harm. Sir M. Sargent
No seio da Virge MaiNadal de Elvas (Portugal), harm. A. Isorna
Jesus Christ is bornEspiritual negro, N. Dett
Stille nachtF. Gruber (1787-1865)
Les messages des angesTrad. francés, s. XIII, harm. A. Isorna
Adeste fidelesPop. s. XVIII, J. Reading, harm. A. Isorna
O tannenbauTrad. alemán, harm. A. Isorna
Benedicat vobisG.F. Haëndel (1685-1750)
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra