Remodelación da Sala Castelao

Reproducimos aquí a máscara rexistrada co nº 17.107,
antes e despois de ser tratada no taller de restauración

Actualizado 08/02/2008 12:34

museo de pontevedra

A sala dedicada á obra artística de Castelao, que permaneceu pechada durante dúas semanas para a súa remodelación, volve estar a disposición do público. Situada no segundo andar do edificio García Flórez, permite ó visitante percorrer visualmente todos os periodos da produción deste insigne personaxe, representados polas súas obras máis emblemáticas.

Como novidade máis destacada, sinalaremos que a remodelación permitiu dar cabida neste espazo, entre outras, a catro obras de recente incorporación: Dúas augadas sobre papel, Cruceiro, datada en 1922 e El último hidalgo de gotera, obra de 1915, máis dúas máscaras deseñadas e pintadas polo artista que foron empregadas nas primeras representacións de Os vellos non deben de namorarse. As tres últimas pezas citadas foron tratadas no taller de restauración da institución. Como triste anécdota, comentaremos que unha das máscaras expostas (co número de rexistro 17.107), acompañou a Castelao no seu cuarto do Centro Gallego de Buenos Aires durante os seus últimos días.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra