Inauguración de Bagaría en El Sol.
Política e humor na crise da Restauración

Actualizado 11/02/2008 10:25

museo de pontevedra

O xoves 14 de febreiro de 2008 inaugúrase, no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, unha exposición dedicada a Luis Bagaría (Barcelona, 1882 – La Habana, 1940), o máis importante caricaturista político español do primeiro tercio do século XX, composta polos fondos da FUNDACIÓN MAPFRE.

A exposición presenta unha coidada selección dos debuxos que a Fundación MAPFRE adquiriu recentemente, xunto con diversos documentos e fotografías da época, que permiten recorrer a traxectoria de Bagaría como debuxante, ilustrador e caricaturista político, desde a súa chegada a Madrid en 1912 ata o seu exilio Parisino.

Ademáis, esta exposición, a través dos debuxos pero, sobre todo, do amplo material documental permite unha visión da historia de España desde os anos 20 ata a Guerra Civil.

Permanecerá aberta, nos horarios habituais, ata o 23 de marzo.

Como complemento a esta exposición celebrarase un ciclo de conferencias entre o 10 e o 13 de marzo que levará por título Entre Galicia e Madrid. Política e humor na crise da Restauración.

Nota: As conferencias celebraranse no Salón de Actos do edificio Fernández López ás 19:30 horas. Entregarase diploma de asistencia.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra