Para ser grumete

Actualizado 03/03/2008 23:06

museo de pontevedra

É o título do obradoiro que se celebrará por terceiro ano consecutivo no Museo de Pontevedra impartido por José Manuel Castaño García, responsable do seu Gabinete Didáctico. Terá unha duración de 24 horas distribuídas en 12 sesións de dúas horas a razón dunha sesión por semana. Celebrarase os xoves de cinco a sete a partir do 13 de marzo de 2008.

Está dirixido a persoas de calquera profesión ou nivel de estudos interesadas en realizar actividades relacionadas co mundo das descubertas e viaxes oceánicas (s.s. XV-XIX), cos mariños que participaron nelas, cos instrumentos de navegación utilizados, cos tipos de barcos que as protagonizaron e coa terminoloxía náutica empregada naquel tempo.

Como complemento das sesións celebradas no Museo, para os asistentes que o desexen, realizarase unha sesión práctica de navegación a vela nas embarcacións tradicionais da Asociación “Os Galos” de Bueu.

As persoas que queiran participar ou recibir máis información sobre esta actividade gratuíta de carácter divulgativo poderán contactar co Gabinete Didáctico persoalmente ou no correo electrónico ou nos teléfonos seguintes:

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra