Ciclo de conferencias Entre Galicia e Madrid. Política e humor na crise da Restauración

Actualizado 10/03/2008 10:25

museo de pontevedra

Complementando a exposición Bagaría en El Sol, celébrase un ciclo de conferencias baixo o título Entre Galicia e Madrid. Política e humor na crise da Restauración.

As conferencias terán lugar no salón de actos do edificio Fernández López, entre o 10 e o 13 de marzo, ás 19:30 h. Os conferenciantes serán os historiadores Antonio Elorza, Luis Miguel García Mora, (ambos comisarios da exposición), Ramón Villares e José Antonio Durán.

Entregarase un diploma de asistencia a aquelas persoas que así o desexen. A inscrición pode realizarse no propio museo antes di inicio da primera conferencia.

O programa do ciclo é o seguinte:

  • 10 DE MARZO
    A propósito de Bagaría: prensa, política e ilustración gráfica en España (1902-1940)
    D. ANTONIO ELORZA
    Universidade Complutense de Madrid
     
  • 11 DE MARZO
    Bagaría, o home e o artista
    D. LUIS MIGUEL GARCÍA MORA
    Fundación MAPFRE
     
  • 12 DE MARZO
    A prensa política en Galicia no primeiro terzo do século XX
    D. RAMÓN VILLARES
    Universidade de Santiago – Consello da Cultura Galega
     
  • 13 DE MARZO
    Gozo e fortuna galega de Luis Bagaría
    D. JOSÉ ANTONIO DURÁN
    Historiador
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra