Ciclo de conferencias: Casto Sampedro, A Sociedad Arqueológica de Pontevedra e a recuperación da tradición musical de Galicia

Este ciclo celebrarase no Salón de Actos do edificio Fernández López do 26 ao 29 de maio, ás 19:30 horas

Actualizado 09/04/2008 14:39

museo de pontevedra

A Sociedad Arqueológica de Pontevedra, nacida no verán de 1894, desenvolveu un labor extraordinario no eido das Ciencias Históricas. Sen o seu fecundo traballo de investigación, acopio de fondos e difusión sería moi difícil de explicar o que hoxe é e significa o Museo de Pontevedra, fundado o 30 de dicembro de 1927, por iniciativa da Deputación Provincial, para continuar e completar as tarefas promovidas pola Sociedad e o seu Presidente, Casto Sampedro y Folgar, primeiro director da institución, unha das máis excelsas figuras da erudición galega do seu tempo.

O estudo, a investigación, foi un dos cometidos esenciais da actividade cotiá da Sociedad Arqueológica. As súas iniciativas, con frecuencia novedosas, seguen a ser de imprescindible consulta na actualidade. É o que acontece, por exemplo, coa recuperación da tradición musical de Galicia, tarefa indisolublemente unida no seu arranque á figura eminente de Casto Sampedro. A súa coñecida recompilación, premiada nun Concurso convocado en 1909 por la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, foi publicada en 1942, reconstituída e precedida dun rigoroso estudo de José Filgueira Valverde, polo Museo de Pontevedra.

A ponderar, visto desde hoxe, o que supuxo ese traballo, está dedicado este curso. Pecharase cun concerto dun Grupo de Cámara constituído por profesores do Conservatorio de Música de Pontevedra. Interpretará un programa integrado exclusivamente por obras recollidas no citado e afamado Cancionero Musical de Galicia de Casto Sampedro.

PROGRAMA

  • 26 de maio
    Conferencia: A Sociedad Arqueológica de Pontevedra
    Xosé Carlos Valle Pérez. Museo de Pontevedra
    Salón de Actos do edificio Fernández López
    19:30 horas
     
  • 27 de maio
    Conferencia: Reminiscencias pedrellianas no traballo musical de D. Casto Sampedro y Folgar
    Carlos Villanueva. Universidade de Santiago de Compostela
    Salón de Actos do edificio Fernández López
    19:30 horas
     
  • 28 de maio
    Conferencia: A creación musical culta no contorno do Museo de Pontevedra
    Luis Costa. Universidade de Vigo
    Salón de Actos do edificio Fernández López
    19:30 horas
     
  • 29 de maio
    Conferencia: Procedencia e autoría das transcricións musicais editadas no Cancionero Musical de Galicia
    Xavier Groba. Etnomusicólogo
    Salón de Actos do edificio Fernández López
    19:30 horas
     
  • 30 de maio
    Concerto de cámara: o legado musical do Museo. (Obras recollidas do Cancioneiro Musical de Casto Sampedro publicado en 1942 polo Museo)
    Profesores do Conservatorio de Música de Pontevedra
    Salón de Actos do edificio Fernández López
    19:30 horas
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra