Ciclo de concertos Espazos Sonoros. 25, 26, 29 e 30 de abril no Salón de Actos do edificio Fernández López

Espazos Sonoros é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Deporte

Actualizado 24/04/2008 14:27

museo de pontevedra

Na idea da conexión entre a música e as arquitecturas, o ciclo, baixo o nome de Espazos Sonoros, nace coa intención de vencellar dous aspectos fundamentais. Por unha parte, a creación dunha marca para a presentación de programacións estables de música clásica e outros estilos de música contemporánea e experimental. Por outra, a posta en valor dunha parte do noso patrimonio histórico, mediante a celebración destes concertos en espazos de interese desde o punto de vista arquitectónico, artístico ou cultural.

Espazos Sonoros engloba cinco ámbitos temáticos adicados respectivamente á música de órgano, música vocal, música antiga, música de cámara e un quinto ciclo titulado outros sons, adicado a repasar algunhas propostas relacionadas coa música desde outros puntos de vista abertos á investigación e a reflexión sonora.

No Museo de Pontevedra, os concertos correspondentes ó ciclo de cámara son os seguintes:

  • Venres 25 de abril, 20.00 horas
    Araceli Fernández González, soprano
    Justyna Danczowska, piano
  • Sábado 26 abril, 20.00 horas
    Cuarteto Quiroga
    Aitor Hevia e Cibrán Sierra, violíns
    Dénes Ludmány, viola
    Helena Poggio, violoncello
  • Martes 29 de abril, 21.00 horas
    Gupo Instrumental “Siglo XX”
    Florian Vlashi, violín-director
  • Mércores 30 de abril, 20.00 horas
    Arte en pArte
    dúo de guitarras clásico-románticas
    Iago Reigosa
    Ángela Ferreiro

Máis información en http://www.espazossonoros.org/festival/

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra