Sábado 26 abril, 20.00 horas

Concierto Espazos sonoros. Ciclo de cámara
Cuarteto Quiroga

Aitor Hevia y Cibrán Sierra, violíns
Dénes Ludmány, viola
Helena Poggio, violoncello

Actualizado 25/04/2008 04:59

museo de pontevedra

PROGRAMA

  • L. VAN BEETHOVEN (1770- 1827), Cuarteto núm. 16, en fa maior, op.135

        Allegretto
        Vivace
        Lento assai, cantante e tranquillo
        Grave ma non troppo tratto - Allegro

  • F. BARTÓK (1881-1945), Cuarteto núm. 3 (Sz.85)

        Moderato
        Allegro

  • (Pausa)
  • F. SCHUBERT (1797-1828), Cuarteto núm. 13, en la menor, D.804, "Rosamunde"

        Allegro non troppo
        Andante
        Minuetto: Allegretto
        Allegro moderato




Entre os diferentes tipos de composicións para conxuntos de cámara, o cuarteto de cordas gozou da predilección dos compositores a partires do século XVIII. Fronte a outras formacións máis reducidas (tríos, dúos) ou máis extensas (quinteto, sexteto...), o cuarteto ofrece ao compositor un amplo abano de posibilidades compositivas cun número mínimo e ao tempo suficiente de instrumentos. É por isto que a evolución do cuarteto dende o Clasicismo ata o século XX condensa en boa medida a propia evolución da historia da música occidental.

Os programas do Cuarteto Quiroga tocan tres momentos especialmente salientables e esplendorosos da creación para este conxunto. Por unha banda, temos o terceiro “cuarteto do op. 74” de Haydn, unha peza enmarcada plenamente no Clasicismo musical, do que Haydn é un dos piares fundamentais. Por outra banda, o “cuarteto op.74” de Beethoven, pertencente ao período medio do compositor e unha boa mostra da importante evolución que Beethoven lle estaba a dar a este xénero musical. Esta constante reformulación do seu concepto de cuarteto fará que, na obra dos seus últimos tempos, como é o caso do “cuarteto op. 135”, se adiante en case cen anos á súa época, influíndo profundamente nos compositores de inicios do século XX, entre eles Béla Bartók. Deste autor escoitaremos o “cuarteto nº 3”. Por último, o cuarteto “Rosamunde” de Schubert si se pode considerar unha obra plenamente romántica. Reúne todas as características máis salientables deste autor, como son a profunda beleza e o lirismo das súas melodías e o seu atinado sentido do equilibrio e da harmonía da forma e das súas partes constituíntes.

Andrés Díaz Pazos



O Cuarteto Quiroga nace alentado polo eminente violinista, pedagogo e cuartetista francés Charles-André Linale. O seu nome rende homenaxe á figura do grande violinista galego Manuel Quiroga, xunto con Pablo de Sarasate e Pau Casals, un dos máis grandes instrumentistas de corda da historia musical española. Desde a súa creación, o Cuarteto Quiroga actuou en numerosas salas, entre as que figuran: o Auditorio Nacional de Madrid, o Palau de la Música Catalana de Barcelona, o Palau de la Música de Valencia ou o Palacio Euskalduna de Bilbao. Así mesmo, tamén actuou en diversos festivais, entre os que se inclúen a Quincena Musical Donostiarra, o Festival de Música de Cámara de Osnabrück (Alemania), o Festival Internacional San Lorenzo del Escorial, o Centro Europeo de Música de Cámara en París, o Festival de Cuartetos de Reggio Emilia (Italia), o Festival de Entre-Casteaux, (Francia), o Encuentro Internacional de Música de Santander, o KirchbergForum Gießen-Frankfurt (Alemania), o Festival Are-More de Vigo, o Proyecto Garat de Donostia, o Festival Internacional de Granada, os Festivals de Cambrils, St.Cugat, Premiá de Dalt e Sta.Cristina d'Aro, así como nos ciclos de Música de Cámara en Biscaia, Ourense, Pontevedra, León, Oviedo, Sevilla, Zaragoza, Tarragona, Madrid, Lisboa, Panamá e Provenza, entre outros moitos. Recentemente ofreceron una extensa xira por Arxentina, Uruguai e Brasil.

As súas actuacións foron gravadas por RNE-2, RadioClásica, RadioFrance-FranceMusique, Catalunya Música, Radio Galega e Sony. Entre os seus colaboradores máis recentes cabe destacar a músicos da talla de Vladimir Mendelssohn, Víctor Rodríguez, Jensen Horn-SinLam, David Kadouch ou Alfredo Perl.

En xullo do 2007, o Cuarteto Quiroga foi dobremente galardoado no “Concurso Internacional de Burdeos (ex Evian)” co Segundo Premio e o Premio da Crítica e a Prensa, sendo o primeiro cuarteto de corda español premiado nesta competición. Igualmente, obtivo o Premio Especial do xurado no “Concurso Internacional de Xenebra 2006”, o segundo premio no “Concurso Internacional Musiques d'Ensemble” Paris 2006 así como primeiros premios nos concursos “Primer Palau 2005”, “Ciudad de Manresa 2006” e “Ciudad de Lucena 2006”. En outubro do 2007 foron galardoados co Premio "Ojo Crítico" de RNE, na categoría de Música Clásica . O Cuarteto Quiroga traballa dende a súa formación co profesor Rainer Schmidt (Cuarteto Hagen); entre 2004 e 2006 na Escola Superior de Música Reina Sofía, grazas ao xeneroso mecenado da Fundación H. Gut de Prosegur e durante o curso 2006/07 no Instituto Internacional de Música de Cámara de Madrid (Fundación Albéniz). Complementan os seus estudos coa participación na Academia ProQuartet de Pont-Royal, Provenza, dependente do Centro Europeo de Música de Cámara. Recibiron clases maxistrais de Günter Pichler, Erich Höbarth, Paul Katz, Sándor Dévich, András Keller, Johannes Meissl, Milan Skampa, Menahem Pressler, Hariolf Schlichtig, Antonello Farulli, Diemut Poppen, ou Anner Bylsma entre outros. Na actualidade son alumnos dos profesores Walter Levin e Rainer Schmidt na Musikakademie der Stadt Basel (Suíza).

Profesores e Cuarteto en residencia no Curso Internacional de Música de Llanes desde 2005, durante a tempada 2007/08 o Cuarteto Quiroga ten a súa residencia na Fundación Museo Cerralbo de Madrid.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra