Inauguración da exposición Los Desastres de la guerra. Goya no Museo de Pontevedra

Actualizado 28/04/2008 09:55

museo de pontevedra

O 29 de abril inaugurase no edificio Sarmiento, ás 19 horas, a exposición Los Desastres de la guerra. Goya no Museo de Pontevedra, que permanecerá aberta, nos horarios de costume, ata o próximo 18 de maio.

Ao longo deste ano 2008, publicacións e exposicións, nacionais e estranxeiras, lembran a Guerra da Independencia como o horror plasmado nas obras de Goya. A todas esas iniciativas únese o Museo de Pontevedra, posuidor dun exemplar excepcional da primeira edición de Los desastres de la Guerra (tamén das outras tres grandes series realizadas polo eximio artista aragonés) e dun dos conxuntos bibliográficos sobre a vida e a obra de Goya máis importantes reunidos no mundo. Grazas a isto puido organizar unha exposición como a que nos ocupa, integrada exclusivamente por materiais (obras e libros) da súa propiedade.

A programación do Museo inclúe, xunto coa exhibición de estampas e reproducións das mesmas, un ciclo de conferencias complementaria do que presentamos o seu programa a continuación:

  • Día 6 de maio
    Goya no Museo de Pontevedra
    Ana Barbazán Iglesias, Mª Ángeles Tilve Jar e Xosé Carlos Valle Pérez
    Museo de Pontevedra
  • Día 8 de maio
    Los Desastres de la Guerra
    José Manuel Matilla
    Museo del Prado
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra