Segunda conferencia Los Desastres de la Guerra

Actualizado 07/05/2008 05:32

museo de pontevedra

O xoves, 8 de maio de 2008, celébrase no Salón de Actos do edificio Fernández López, ás 19:30 horas, a segunda das dúas conferencias complementarias da exposición Los Desastres de la Guerra. Goya no Museo de Pontevedra.

Desta volta será José Manuel Matilla, conservador do Museo del Prado, quen disertará sobre Los Desastres de la Guerra, obra gráfica de Francisco de Goya, arredor da que xira a exposición que ata o día 18 estará aberta ao público no edificio Sarmiento.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra