Conferencia Goya no Museo de Pontevedra

Actualizado 05/05/2008 12:15

museo de pontevedra

O martes, 6 de maio de 2008, celebrarase no Salón de Actos do edificio Fernández López, ás 19:30 horas, a primeira das dúas conferencias complementarias da exposición Los Desastres de la Guerra. Goya no Museo de Pontevedra.

A conferencia correrá a cargo de Xosé Carlos Valle Pérez, director do museo, Ana Barbazán Iglesias, bibliotecaria, e Mª Ángeles Tilve Jar, conservadora, que falarán da presencia de Francisco de Goya no Museo de Pontevedra, no que se refire aos fondos tanto artísticos como bibliográficos que se custodian nesta institución.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra